O ribeirense Antonio Pérez inaugura en Rianxo “As Mulleres e o Mar”

24 Xuño 2024

As concelleiras de Mar e Política Social de Rianxo, Olalla Figueira e Ana Vidal, participaron este venres 21 de xuño na apertura da exposición As mulleres e o mar do ribeirense Antonio Pérez.

Ademais do propio autor, no acto tamén participou Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes.

A exposición As Mulleres e o Mar, pinturas e gravados de Antonio Pérez poderá visitarse até o 28 de xullo na sala de exposicións do Auditorio.

Antonio Pérez (Ribeira, 1951) é un dos artistas máis destacados da nosa comarca e un dos máis sobranceiros representantes galegos da arte mariñeira. Recentemente, en 2022, inaugurou en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, a mostra Ribeira: mulleres, homes e peixes, formada por cincuenta cadros que plasman diferentes escenas dos labores tradicionais vencellados ao mar. Pérez explicou recentemente que os seus cadros levan unha longa preparación tras de si: “Toda unha vida, pois todo canto fago vai dar ao mesmo sitio: aos recordos e experiencias que tiven nos cinco anos que pasei traballando no mar”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.