Arde un antigo estaleiro en A Barquiña, San Cosme, no concello de Serra de Outes

24 Xuño 2024

Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 02:37 de hoxe dun posíbel incendio nun antigo estaleiro en A Barquiña, San Cosme, no concello de Serra de Outes.

Ao chegar ao lugar confirman que a edificación se trata dun antigo estaleiro de ribeira, con estrutura semipechada e de 2 alturas de teito, con caída a unha soa auga superposta.

O lume afectou tamén a dúas embarcacións de madeira, maquinaria, ferramentas e parte das trabes e viguetas do teito. No momento, instálanse 6 mangueiras para extinguir as lapas. Evitouse entrar no inmóbel ante o risco de caída dada a debilidade da súa estrutura.

Desde un primeiro momento, o lume é controlado con prontitude, facendo extinción e posteriormente selado de todos os puntos quentes que marcaba a cámara térmica.

Contouse coa axuda do persoal do GES de Noia para a recollida da liña de extinción. Ata o lugar tamén se despraza Garda Civil de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.