Aviso á poboación: Martes e mércores probas de funcionamento das sirenas nas presas galegas

24 Xuño 2024

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 25 e 26, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 horas do día 25 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 16,30 horas, rematando na presa do Con, en Vilagarcía de Arousa. Ao día seguinte, o mércores 26, retomaranse as probas ás 09,00 horas na presa de Vilagudín, en Tordoia, e rematarán ás 13,00 horas na de Velle, en Ourense.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

XEAL

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
26/06/202410:00FERVENZADumbría, Mazaricos
26/06/202411:40SANTA UXIACarnota, Dumbría, Mazaricos

AUGAS DE GALICIA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
25/06/202412:00CALDASCaldas de Reis, Portas
25/06/202416:30O CONVilagarcía de Arousa

Resto los encoros: Enlace

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.