A Xunta colabora con 14 audiolibros para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria

23 Xuño 2024

A Xunta de Galicia colabora con 14 proxectos editoriais para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria a través das subvencións para a edición de audiolibros. A resolución desta liña de axudas, posta en marcha por primeira vez o pasado ano, vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é impulsar a produción de libros que favorezan tanto a dixitalización como o acceso universal á lectura e á creación literaria galega por parte de toda a poboación a través da posta en marcha de novos formatos como audiolibros en lingua galega. Trátase dunha medida enmarcada nos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que busca garantir o acceso á cultura tanto desde a perspectiva do consumo como da creación. Para isto, a Xunta de Galicia tamén solicitou a produción de catro clásicos da literatura galega que se atoparán dispoñibles na plataforma GaliciaLe.

En concreto, nesta convocatoria que ten carácter plurianual e un orzamento de 75.000 euros, apóiase a creación de 14 audiolibros que contan cunha achega de ata 5.000 euros. Así, a empresa editora Arrainos Producións impulsará os audiolibros de 90 anos nas ondas. Dos inicios da radio en Galicia aos nosos días, O Camiño de Ramón Chao. Tras as pegadas de Prisciliano e Xosé Velo sen fronteiras. Edicións Xerais de Galicia, pola súa banda, fará o mesmo coa obra Pel de cordeiro, o último libro de Ledicia Costas, mentres que Editorial Galaxia contará con Daniel no peirao, Hermelindo esbirra poemas e Ícaras. A adxudicación complétase con Dous nenos coma ti e O Parnaso sobre rodas de Editorial Guiverny e con A lagoa máis fermosa de todas as lagoas, A comuna de Valdonelle, Gumes entre a néboa, Loucine e A matanza clandestina de Técnicas & Gramaxe.

Ademais, a Xunta ten previsto incorporar catro clásicos da literatura galega na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, GaliciaLe. Os libros electrónicos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, O divino sainete de Manuel Curros Enríquez, De catro a catro de Manuel Antonio e Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares estarán dispoñibles proximamente en formato audiolibro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.