O Concello de Boiro celebrou este xoves día 20 o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de xuño. A sesión contou coa ausencia dunha concelleira do Partido Popular, polo que había un total de 16 membros da corporación.
O Pleno pode verse íntegro mediante a canle de YouTube do Concello de Boiro.
Votacións da sesión plenaria:
1 Aprobación do ditame sobre a aprobación inicial dos Orzamentos Xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2024 – aprobado con 9 votos a favor (PSOE), 5 votos en contra (PP e Boiro Novo) e 2 abstencións (BNG).
2 Aprobación do ditame sobre a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación puntual nº1 da RPT – aprobado con 9 votos a favor (PSOE) e 7 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

Orzamentos
O Orzamento aprobado en inicio neste pleno é un documento que supera por primeira vez a barreira dos 17 millóns, ata alcanzar os 17.367.000 euros, sendo un 3,02% maior có do anterior exercicio. As contas destinan un 38,35% do total, 6.660.818,67 euros, a gastos de persoal. Para bens e servizos destínase un 43.32%, un total de 7.523.678,57 euros; e para investimento un 7,19%, superando os 1.250.000 euros, que se van a empregar para a pavimentación de diversas rúas no rural, actuacións en Bealo, Pazos de Coroño, Cubeliño e Ferreiros, en O Saltiño, a costa de Espiñeira e en Esteiro. Ademais, parte do investimento do orzamento destinarase a financiar a parte que corresponde ao Concello do Campo da Mina, que se vai a executar mediante o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Amais, un total de 838.555,50 euros resérvase para asociacións, clubs e entidades deportivas.



