O Concello de Muros concede autorizacións de balde para ocupar os postos baleiros de Abastos no verán

20 Xuño 2024

O Concello de Muros presentou a campaña Vén e proba, destinada aos comerciantes interesados en ocupar de forma gratuíta algún dos postos baleiros da Praza de Abastos nos meses de xullo e agosto.

“Queremos dinamizar o Mercado, que todos os seus postos teñan actividade, e con esta campaña as persoas interesadas poden probar con autorizacións de uso temporais se o seu negocio lles resulta rendíbel neste espazo”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago.

A iniciativa conta co visto bo dos praceiros, “xa que son conscientes de que canta máis xente e máis actividade teña a praza, mellor para todos”, engade a concelleira de Promoción Económica, Laura Rivadeneira.

O Concello puxo en marcha desta forma “unha acción de fomento da actividade económica local, que asemade sirve para a promoción da ocupación en réxime de concesión, a convocar no futuro inmediato, dos espazos da Praza de Abastos Municipal que se atopan baleiros”, apuntou a alcaldesa, engadindo que as persoas interesadas deben presentar unha memoria describindo a actividade a desenvolver no posto. A selección dos comerciantes que participarán nesta campaña levarase a cabo perante un procedemento de concorrencia competitiva.

Durante a vixencia das autorizacións para a ocupación e uso dos espazos que se outorgarán, o Concello de Muros farase cargo das subministracións de luz e auga correspondentes aos mesmos.

O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 26 de xuño. As bases da convocatoria están a disposición dos interesados na web www.muros.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.