A Orquestra Sinfónica de Galicia acompañou este martes o programa de “inauguracións” do novo Auditorio de Ribeira

19 Xuño 2024

A Orquestra Sinfónica de Galicia acompañou este 18 de xuño a estrea do novo Auditorio de Ribeira, unha estrea que comezou xa o pasado sábado 15 e que se vai estender ao longo dun mes de continuas e relevantes actuacións culturais de toda índole. O concerto foi programado pola área de cultura da Deputación da Coruña, e forma parte do convenio asinado entre ambas entidades para o financiamento das actividades da OSG cun investimento de 1,5 millóns de euros.

A deputada de Cultura, Natividade González, acompañada do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, presentou o concerto da OSG en Ribeira “un momento histórico” no que tamén estivo presente a deputada provincial de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, a outense Soledad Agra.

González salientou durante a súa intervención o potencial do novo auditorio para a veciñanza, “unha infraestrutura cultural que lle permitirá gozar da cultura nas súas diferentes expresións” e tamén “un símbolo do compromiso coa cultura, coa música e coas artes”.

Inaugurado o pasado 15 de xuño, trátase dun espazo “destinado a converterse nun referente cultural da comarca e da provincia, grazas á programación de actividades como esta” apuntou a deputada.

“Dende a Deputación da Coruña”, engadiu, “somos conscientes da enorme necesidade que teñen os concellos para programar e dotar de contido a espazos tan singulares coma este, por iso son tan importantes as nosas liñas de axudas, a Rede Cultural e moitas outras colaboracións puntuais, como a de hoxe, posíbel grazas ao convenio que temos coa Orquestra Sinfónica de Galicia”. Convenio que inclúe, ademais, a programación de concertos en diferentes concellos de toda a provincia. “Ribeira forma parte dos principias ciclos de concertos en Galicia, xunto con cidades como Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, ou vilas como Mondoñedo, Sobrado dos Monxes, Vilagarcía de Arousa, e Ponteareas”.

Natividade González rematou a súa intervención felicitando á Orquestra Sinfónica de Galicia que, “baixo a batuta do mestre Roberto González-Monjas, é unha das formacións mais prestixiosas de España, recoñecida pola súa excelencia musical, e pola súa contribución ao panorama cultural, tanto a nivel nacional coma internacional. A Orquestra Sinfónica é un verdadeiro tesouro”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...