Fernando Docampo imparte este xoves un concerto-obradoiro de violíns en Porto do Son

19 Xuño 2024

A praza de España de Porto do Son vai acoller este xoves 20 de xuño un concerto-obradoiro de música para violín impartido polo músico e profesor noiés Fernando Docampo (Sociedade Liceo de Noia, Escola de Música de Boiro).

A cita, programada baixo o epígrafe O Son dos Violíns, dará comezo ás 20.00 horas e estará aberto a toda a cidadanía, presentándose como unha boa oportunidade para, por unha banda, escoitar fantásticos violinistas, e pola outra, aprendermos un pouco máis sobre os instrumentos de corda. Organiza a Área de Cultura do Concello de Porto de Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.