O sonense Eliot Xaquín Dios, primeiro premio do concurso internacional de artistas emerxentes Early Music Vancouver

19 Xuño 2024

A organización do certame international Early Music Vancouver compartiu cumprida información sobre o premio (o primeiro) que concedeu ao músico sonense Eliot Xaquín Dios Martínez, natural de Queiruga, e integrante das agrupacións Tra Noi e Duo Luar.

Eliot Xaquín impúxose co primeiro premio no concurso de artistas emerxentes do Early Music Vancouver (Canadá). Trátase dun concurso en liña para novos intérpretes menores de 30 anos de todo o mundo no que se convidou aos solicitantes a crear un proxecto baseado no tema O futuro da música antiga. A organización puxo en Youtube a proposta gañadora, que xa podemos visualizar. O segundo posto foi para Marina Eichberg e o terceiro lugar para Alexander Belser.

O propio músico de Queiruga definiu deste xeito o que significa para el esta distinción: “É unha gran honra recibir un premio por un proxecto tan persoal e dáme moitas esperanzas de que grazas a iniciativas como estas, os artistas novos poidan comezar a ter o seu lugar no mundo”.

Proxección internacional

Eliot Xaquin Dios é un clavecinista, pianista e compositor de Queiruga (Porto do Son) afincado actualmente en Basilea. Dende os sete anos estivo en contacto con moitos instrumentos, dende o violín ata o eufonio, dende a gaita ata as frautas irlandesas, pero agora é especialista nos primeiros teclados, actuando por toda Europa cos seus conxuntos, improvisando nos seus concertos e compoñendo para os seus proxectos propios. Compositor autodidacta, céntrase principalmente na tarefa de facer viva a composición histórica pero tamén realiza proxectos de música contemporánea de cando en vez.

É co-fundador de dous grupos de cámara, o galardoado ensemble Vestigium co que gañou o 1º premio no concurso Juventudes Musicales (España) e Il Concerto Intempestivo co que explora as novas formas creativas de interpretar música antiga. Tamén ten o 1º premio no Concourse International Val du Loure (Francia) como artista invitado co conxunto Tra Noi, premio do que informamos os días pasados dende obarbanza.gal.

Xunto coa virtuosa violinista Rahel Boell, forma o Duo Luar, onde exploran novas formas de interpretar música antiga, mesturando improvisación histórica e prácticas contemporáneas nos seus concertos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.