Conta atrás para a XI edición de Os 100 dos Internacional Trekkers (esta fin de semana en todos os concellos do Barbanza)

18 Xuño 2024

Esta fin de semana vaise celebrar na nosa comarca un dos máis grandes acontecementos deportivos da tempada en Galicia: a XI edición de Os 100 do Barbanza. Será este sábado 22 e domingo 23. Trátase dunha andaina ultratrail organizada polo Club Deportivo Internacional Trekkers Barbanza Sar de 100 quilómetros de distancia que percorre todos os concellos do Barbanza máis os limítrofes da comarca do Sar: Padrón, Rois, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son.

Os 100 dos Internacional Trekkers do Barbanza terá este ano como punto de partida e de chegada o municipio rianxeiro (con Catoira como concello convidado). A proba está organizada polo club ITBS e polos Concellos de Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro, xunto coa Mancomunidade Barbanza Arousa e o Concello de Catoira, que será o municipio convidado desta convocatoria (con especial protagonismo das Torres do Oeste). Pasará por todos os devanditos territorios.

Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica. Vén novamente nesta edición con dous formatos de andaina e ultratrail. Desenvolverase entre o 22 e o 23 de xuño.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.