A Escola Municipal de Ballet estrea o vindeiro sábado “Bailadoras” (no novo Auditorio)

17 Xuño 2024

A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a profesora da Escola Municipal de Ballet, Cristina Riveiro presentaron este luns o espectáculo Bailadoras, unha coreografía que fará un percorrido polo mar, os seus oficios e o labor da muller coma protagonista. Actuarán 30 bailarinas da Escola Municipal inspiradas na música celta. Interpretarán o sábado 22 un total de 10 danzas distribuídas en varios apartados.

Estes apartados son:

As Redeiras, bailarán pezas marcadas polo ritmo das ondas do mar.

As Lavandeiras, baile adicado ás mulleres que ían a lavar a regatos ou lavadoiros.

As mariñeiras, unha ollada ao voo das gaivotas cando seguen o ronsel dos barcos cando van chegando a terra.

A concelleira de Educación indicou o “bo traballo” que se está facendo dende a escola e engadiu que “o ballet é unha linguaxe artística universal que aporta compañeirismo, esforzo, constancia e

cultura”.

A profesora e coreógrafa Cristina Riveiro falou da implicación e motivación das alumnas e pais, anima á veciñanza a acudir a esta estrea.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...