O Concello de Outes comparte o programa definitivo da Feira Náutica do Freixo

17 Xuño 2024
O histórico veleiro Joaquín Vieta

O Concello de Outes vén de compartir o programa definitivo da Feira Náutica do Freixo, que se celebra os días 28, 29 e 30 de xuño no Centro Náutico do Freixo e na súa contorna. A axenda, que podemos consultar xa nas redes sociais, dará comezo o día 28 ás 17.00 horas coa inauguración da feira (izado de velas das embarcacións tradicionais) e proseguirá cun obradoiro de plásticos (Aula Sostíbel do Freixo), cun roteiro (Carpinteiros cos pés mollados e visita ao estaleiro) e cun concerto de Mad Martín Trío (ás 22h).

O día seguinte, sábado 29, comezará cunha nova sesión do roteiro da xornada anterior (ás 10h) e con navegacións en embarcacións tradicionais a partir das 10h (e rutas en caiac a partir das 11). Ás 11 abrirá as súas portas a feira e ás 12.30 celebrarase unha mesa redonda sobre estaleiros sostíbeis. Ás 13.00 haberá unha saída no balandro histórico Joaquín Vieta, con base no Freixo, e ás 17.00 celebrarase un roteiro cara as orixes do Freixo. Pola tarde haberá novas xeiras de navegación tradicional (de novo no Joaquín Vieta e nas embarcacións tradicionais que se dean cita na feira), e xa polo serán, ás 21h, celebrarase un monólogo do ribeirense Quico Cadaval e, máis tarde (a partir das 22.30) actuacións de Catuxa Salom e de Monoulious Dop.

Ao día seguinte, domingo 30, as actividades comezarán cun novo roteiro cara as orixes do Freixo e cun concurso de pesca (de 5 a 16 anos), a partir das 10.00 horas. A partir das 11h haberá novas saídas ao mar en embarcacións tradicionais e ás 12.30 horas celebrarase un concerto a cargo de Habana Café Son. Ás 17.00 horas desenvolverase novamente o roteiro Carpinteiros cos pés mollados e ás 18h unha nova saída ao mar do balandro Joaquín Vieta. Ás 18.30 haberá rutas en caicac e, tamén, un concerto de Habanoia. Ás 19.30 está prevista unha degustación gastronómica (Restaurante O Secadeiro).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.