A “2 de RTVE” proxecta esta noite do domingo “La isla de las mentiras” baseada no naufraxio do Santa Isabel

16 Xuño 2024

A segunda cadea de TVE proxecta esta noite ás 22.30 a versión en castelán de “A Illa das mentiras”, pelicula dirixida por Paula Cons que ten como eixe o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel.

A película, estreada no 2020 é unha interpretación libre do acontecido a noite do 2 de xaneiro de 1921, cando o buque se dirixía a Vilagarcía a embarcar pasaxe embarrancando nos baixos da illa de Sálvora e morrendo 213 persoas, sálvandose 53, converténdose no terceiro naufraxio en vítimas civis da costa galega. O acontecemento sería recoñecido como o “Titanic da costa galega”.

Dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros Dario, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro e Ana Oca.

A película arranca no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora no concello de Ribeira en 1921, aínda que non é a historia do naufraxio se non un thriller novelado. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o vapor-correo, con destino Buenos Aires e 266 persoas a bordo, afúndese fronte á costa da illa de Sálvora morrendo 213 persoas. A falta de homes na illa tres mulleres María ( Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a varias ducias de persoas, un acto heroico que pagarán moi caro.

Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos irá descubrindo que esa noite producíronse demasiadas casualidades na illa, chegando mesmo a sospeitar que o naufraxio puido ser provocado. Mentres tanto, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa. ‘A illa das mentiras’ é unha coprodución entre as españolas Agallas Films e Historias do Tío Luís, coa arxentina Aleph Cinema e a portuguesa Take 2000.

Presentación da rodaxe da película na Sala-Museo de Ribeira en marzo de 2020.

Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Gobierno Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugues, o Programa Ibermedia e o Concello de Ribeira. Da súa distribución nacional e internacional ocúpase Filmax. Co título de ‘O Santa Isabel’ a película recibiu o ano 2018 un total de 400.000 euros na convocatoria de axudas selectivas do ICAA. Así mesmo, este proxecto foi seleccionado e finalista no Foro EGEDA/ FIPCA celebrado no marco dos Premios Platino, e para participar no SantiagoLab Cruzando Fronteiras no marco do SANFIC, Festival de Cinema de Santiago de Chile.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...