O Auditorio de Ribeira xa loce como “faro cultural” do concello e da comarca do Barbanza

15 Xuño 2024

No serán deste sábado 15 de xuño inaugurouse oficialmente o novo Auditorio Municipal de Ribeira. O alcalde Luís Pérez Barral, a conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García, o senador tamén ribeirense Manuel Ruiz, xunto con toda a Corporación municipal, arquitectos, demais autoridades e a veciñanza de Ribeira, déronse cita ás 19:00 h para o acto oficial e institucional de posta en longo.

As e os participantes na inauguración do novo Auditorio, este sábado en Ribeira. Foto de Roberto Vilar.

O alcalde, recibiu tanto á veciñanza coma ás autoridades e persoeiros convidados ao evento, ás 19:50 h descubriuse unha placa conmemorativa; a continuación procedeuse aos discursos protocolarios nos que interviron a deputada, a conselleira e o alcalde, que deu a benvida a tódolos indicando que “este Auditorio, aparte de sala principal, posúe tamén unha sala polivalente para 120 persoas, un local de ensaio, amplos camerinos e dotado con novas tecnoloxías”. Sinalou que “neste último ano conseguiuse aplicar melloras no equipamento escénico para que se puidera acoller todo tipo de actos; cinema, circo, teatro, danza…”

E engadiu: “Sabemos que o custe desta infraestrutura incrementouse con respecto aos orzamentos iniciais pero tamén creo que momento de mirar cara o futuro para que poidamos converter este gasto nun verdadeiro investimento beneficioso para todos/as, facéndoo coa mellor eficiencia posíbel, porque este Auditorio é voso, é da poboación de Ribeira”. Tamén fixo referencia a que “será un reto de enorme responsabilidade dotalo de contido para que este espazo sexa un motor de dinamización da vida cultural, social e tamén económica do Concello. Ribeira ten un amplo abano de dinamismo cultural e este novo espazo tamén reforzará a cultura local, pero tamén abrirase ao mundo traendo espectáculos a nivel nacional e internacional”.

Luís Pérez nomeou ás entidades que xa non están con nós: Ancoradoiro, A Orquestra Municipal de Aguiño, A Banda Municipal de Música de Ribeira, o Cine Club do Rueiro ou o Grupo do Teatro do Círculo Mercantil; entidades que “foron capaces de crear e promover e estimular a cultura en Ribeira cando non se dispoñía de tantos medios”. E concluíu: “Hoxe foi un día moi especial para a veciñanza de Ribeira, a arquitectura e a cultura danse a man nun novo espazo para una nova era cultural para a nosa cidade”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.