Atlántica trae á Pobra dous espectáculos de narración oral

14 Xuño 2024

O Festival Atlántica volve levar novas historias a diferentes puntos da xeografía galega e parte da portuguesa no verán deste 2024. Narración oral e paraxes fundiranse unha vez máis con numerosos espectáculos de narración oral. A Pobra do Caramiñal é unha das localidades ás cales chegará esta duodécima edición, con dúas funcións destinadas a público adulto programadas para o mes de xullo. Ambas son de balde e contan coa colaboración da Concellaría da Cultura.

Su Garrido Pombo converterá os xardíns do pazo do Couto en Patios de luz. Alí contará e cantará unha historia común: a da emigración da aldea ós barrios, onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o día a día, as hortas, o doméstico. Tocará oíla no venres, 5 de xullo, ás 21.00 horas. A entrada efectuarase polas inmediacións da fonte do Castelo.

E a compañía En Branca e Negra, con Cris de Caldas e Amor Herrera, traerá Ida e volta ó Cantón da Leña. As artistas conxugan narración oral e música en directo para facer unha viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións para non perde-la memoria e riqueza da diversidade cultural; porque, rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro. Será no sábado, 6 de xullo, ás 21.00 horas.

Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.