A Pobra recibe a bandeira azul para a praia da Lombiña-Cabío

14 Xuño 2024

A praia da Lombiña-Cabío é un dos areais recoñecidos coa bandeira azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) neste 2024. O acto de entrega das 140 bandeiras azuis que corresponden a Galicia -114 praias, 11 portos deportivos e 15 centros azuis- desenvolveuse no 13 de xuño, en Doniños (Ferrol), ata onde se desprazou a concelleira do Turismo da Pobra do Caramiñal, Estefanía Ramos.

Segundo fixo saber a edil, o distintivo izarase proximamente para ondear durante todo o verán. Cómpre lembrar que a súa concesión responde a unha serie de criterios ambientais e de calidade nos servizos e instalacións das praias, portos e centros. Con relación a isto, a edil destacou “a calidade das augas e situación deste areal”, ademais das prestacións que ofrece: paseo marítimo, zona de estacionamento, posto de salvamento, parque infantil, baños públicos, restaurantes e empresas de actividades náuticas. A Administración local pobrense decidiu neste ano postular a esta candidatura, cuxo resultado foi positivo.

“Este novo galardón súmase á obtención do Sistema Integral de Calidad Turística En Destino, coñecido comunmente como SICTED, co que tamén conta a oficina do Turismo, o Museo Valle-Inclán e a praia dos Areos, ademais de acadalo recentemente a Policía local”, destacou a titular do Turismo ao tempo que subliñou o compromiso por seguir “traballando arreo para dar a coñecer A Pobra do Caramiñal como un destino sinónimo de turismo sostible e de calidade, cunha ampla oferta de actividades para desfrutar e recursos paisaxísticos e patrimoniais de gran valor. A nosa estratexia turística busca que quen nos visite, pero tamén a nosa veciñanza, experimente todo isto.” Salienta, ademais, o esforzo loxístico e económico que fai o Concello para a posta a punto e mantemento das praias na tempada estival e anima a gozar do litoral pobrense, ben sexa de áreas marítimas de gran extensión como A Corna ou Os Areos, ou de menor tamaño como Agronovo, Niñeiriños ou A Mercé.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.