O Concello de Boiro impulsa os xogos tradicionais nas parroquias

14 Xuño 2024

O Concello de Boiro leva os xogos tradicionais ás parroquias mediante o programa Xogantina para fomentar o os xogos populares e inclusivos. No marco desta actividade vaise desenvolver unha xornada de actividades lúdicas tradicionais destinada aos centros de ensino e vanse programar distintas accións en todas as parroquias.

A xornada destinada aos centros de ensino será o 19 de xuño de 10.00 a 13.00 horas no Parque da Cachada e nela van participar os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Boiro, a Asociación Amicos e persoas usuarias do Centro de Día de Boiro. Haberá xogos guiados como o tiro á corda, carreira de sacos, salto da corda ou brilé; así como outros xogos polo recinto como zancos, aros, chapas, anillas…

Ademais, no marco das distintas festas populares do municipio, vanse desenvolver xogos tradicionais tamén nas parroquias. A primeira das xornadas de Xogantina nas parroquias terá lugar este sábado na Boliña, no Campo de Revelar, o sábado de 17.00 a 19.00 horas.

As actividades continuarán en Comoxo o día 29 de xuño; Escarabote o 22 de xullo; Abanqueiro o 2 de agosto; Boiro, no paseo marítimo de Barraña, o 13 de agosto; San Ramón de Bealo o 30 de agosto; e Cespón o 7 de setembro. Estas xornadas de xogos populares irán acompañadas de espectáculos de animación infantil.

Xogantina ten como obxectivo fomentar os xogos tradicionais, que contribúen á adquisición de valores, á socialización e ao fomento da creatividade, así como proporcionar propostas lúdicas destinadas a un público familiar.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.