Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 20.00 horas deste 13 de xuño dun accidente de tráfico na AG11 á altura do punto quilométrico 16 en sentido Ribeira, en Rianxo, ao paso da vía polo lugar de Vilas, na parroquia de Asados.
O operativo consistiu inicialmente na sinalización da incidencia, dado que as condicións meteorolóxicas e o feito de que fose no carril esquerdo logo dunha curva en baixada convertían á zona nun espazo moi perigoso. Os ocupantes do turismo indicaron que non estaban feridos, e para a retirada do vehículo e a limpeza da vía foi preciso realizar un corte de carril.
Participaron a Policía Local e a Garda Civil.
O operativo levado a cabo consistiu na limpeza da vía e a sinalización da estrada.

Por outra banda unha dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro ven de actuar en accidente con feridos na AG-11 ao seu paso por Concello da Pobra xunto 061, Policía Local e mantemento da AG-11.
Á chegada ao lugar procedeuse á sinalización da incidencia e á prestación de asistencia á condutora do turismo sinistrado ata o seu traslado ao Hospital do Barbanza. O accidente ocasionou o corte do carril dereito en sentido a Ribeira debido aos materiais desprendidos sobre a vía.
No operativo tamén participaron a Policía Local da Pobra e o 061.




