O Concello de Boiro colabora co campionato estatal de cans de rastro de xabaríns

12 Xuño 2024

O Concello de Boiro colabora no desenvolvemento do II Campionato de España – II Copa de España Juvenil – I Copa de España Feminina de Perros Atraillados de Rastro sobre Jabalí Salvaje, que se desenvolve os días 21 e 22 de xuño en Dodro, Rianxo, Boiro e A Pobra. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Óscar Meijide, delegado de rastro da Federación Española de Caza; e Tito Tarela, federación provincial de caza da Coruña.

Esta proba deportiva consta dun competidor e un can atado que busca o rastro dun xabarín salvaxe. “Galicia é pioneira nesta modalidade, na que van participar competidores de distintas comunidades autónomas”, afirmaron dende a organización da proba.

“Trátase dunha competición nova que, dende o Concello acollemos gustosos, e que se vai desenvolver nun paraxe incomparábel como é a nosa serra do Barbanza”, afirmou Marcos Fajardo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.