Aberto o prazo de inscrición do Campamento Concilia Verán de Rianxo, que ampliou prazas até as 240

12 Xuño 2024

Dende este mércores 12 de xuño e até o día 19 deste mesmo mes estará aberto o prazo para formalizarmos a matrícula no Campamento Concilia Verán 2024 do Concello de Rianxo. Temos toda a información na web municipal, onde se lembra que as 195 prazas contempladas no inicio tiveron que ampliarse a 240 “coa finalidade de atender a gran demanda de prazas por parte das familias rianxeiras”.

O campamento, destinado á rapazada de entre 3 e 12 anos, desenvolverase no IES Félix Muriel, no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade dende o 24 de xuño ata o 30 de agosto. Ademais, contará con Plan Madruga.

Na edición do ano pasado participaron máis de máis de 240 rapaces e rapazas de entre 4 e 11 anos.

O campamento é un xeito de botar unha man ás familias que máis precisan atopar alternativas de lecer para rapazada durante este verán e con formato de horario estendido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.