A Xunta aborda co Goberno central a transferencia do Ingreso Mínimo Vital a Galicia

11 Xuño 2024

Solicita a transferencia íntegra desta prestación de maneira que sexa o Goberno galego o encargado de informar, tramitar, resolver e pagar aos beneficiarios

A conselleira de Política Social e Igualdade a ribeirense, Fabiola García, mantivo esta tarde unha reunión coa ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, Elma Saiz, na que abordaron a transferencia do Ingreso Mínimo Vital (IMV) a Galicia. Durante o encontro, a conselleira solicitou que este traspaso se realice de maneira íntegra, é dicir, que sexa Galicia a encargada de informar, tramitar, resolver e pagar aos beneficiarios.

A conselleira lembrou que esta transferencia foi comprometida xa en xaneiro do ano 2022 ao Goberno galego, polo que pide ao Goberno central celeridade na súa materialización. Neste sentido, sinalou que Galicia conta coa experiencia necesaria para a súa xestión como así o demostran os trinta anos tramitando a Renda de inclusión social de Galicia (Risga).

Fabiola García afirmou que o obxectivo do Goberno galego é darlle ás persoas que máis o necesitan unha resposta áxil e rápida. Neste sentido, agarda que esta primeira reunión supoña un paso en firme para avanzar nesa transferencia íntegra e se cree tamén unha comisión de seguimento para que os equipos técnicos da Consellería e do Ministerio se poidan comezar a reunir de xeito periódico para abordar este traspaso.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.