A Policía Nacional detén en Ribeira a dous homes por un delito de tráfico de drogas

10 Xuño 2024

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, procederon esta pasada fin de semana á detención de dous suxeitos no porto de Ribeira, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

Os feitos encadráronse nun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira, ao abeiro do cal os axentes cominaron a un condutor a que detivera o seu vehículo ao seu paso pola contorna portuaria, momento no que o copiloto lanzou polo portelo un bolso tipo alxibeira (riñoneira), que foi dar ao mar.

Os policías nacionais, grazas á axuda dun mariñeiro que estaba na zona, puideron recuperar do mar o bolso guindado, que contiña cinco botes con substancia estupefaciente en forma de pequenas rocas e papelinas preparadas para a súa venda. Ademais, unha vez realizado un rexistro minucioso do vehículo, foron achadas nun lugar recóndito varias papelinas de droga. En total interviñéronse 10 gramos de cocaína e outras pequenas cantidades de heroína e haxix.

Axentes da Policía Local de Ribeira apoiaron na intervención trasladando o vehículo dos detidos a dependencias policiais.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.