O lugar da Boliña (Boiro) vai inaugurar a tempada de grandes festas do termo municipal coas Festas da Boliña. Será os días 15 e 16 de xuño, sábado e domingo, no Campo de Revelar. As actividades darán comezo o sábado pola tarde, ás 18.00 horas, cunha rolda de xogos populares, seguidos (ás 19.30 horas) da XV edición Carreira Popular da Boliña. A xornada rematará con verbena a cargo da Orquestra Foliada D’Ases e DJ Jalaiko. O domingo 16 comezará con actividades para a rapazada (inchábeis a partir das 12h) e sardiñada e música tradicional a cargo de Canlebó. Colaboran na organización das festas Concello, Xunta e Deputación.




