Accidente múltiple en Rianxo, na autovía quilómetro 15 en dirección a Ribeira

08 Xuño 2024

Bombeiros Boiro

Un accidente múltiple na Autovía sáldase con catro persoas feridas e obriga a interromper o tráfico nun carril de circulación en Rianxo

Tres dos feridos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela e un ao Hospital do Barbanza.

O accidente, no que se viron implicados seis vehículos,  ocorreu esta mañá, ao fío das 09:30 horas, na AG-11, ao redor do quilómetro 14, dirección Ribeira, á altura de Asados, no concello coruñés de Rianxo.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso grazas á chamada de varios particulares que circulaban por esa vía a esa hora. Informaban de varios coches implicados, pero sen concretar mais información e sen asegurar se había persoas feridas.

A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo de intervención formado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e polo persoal de mantemento da Autovía, que interromperon a circulación no punto quilométrico 13.8 e desviaron o tráfico polo enlace de Catoira.

A información recollida no 112 Galicia a través dos primeiros alertadores, apuntaba a que o primeiro vehículo implicado batera contra  a mediana da Autovía, quedando atravesado no medio da vía e provocando a colisión dos seguintes vehículos contra o mesmo. De feito, xa no lugar dos feitos, os Bombeiros indicaron que a persoa do vehículo implicado, estaba fora, e resultou ferida tras ser alcanzada por outro dos vehículos. Aseguraban que había mais persoas feridas no resto dos coches implicados.

Así, tras confirmarse a evacuación dos catro feridos aos centros hospitalarios por parte dos profesionais sanitarios, os Bombeiros procederon coa limpeza da vía, que polo momento segue interrompida á circulación.

ACTUALIZACIÓN:

O persoal do Servizo da Autovía e os Bombeiros de Boiro, tras rematar as tarefas de limpeza na vía, informan de que, a vía, quedou totalmente restablecida ao tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.