O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibe a placa de Galicia Calidade

06 Febreiro 2020

O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibiu este xoves 6 de febreiro un importante recoñecemento á excelencia dos seus servizos e da súa xestión e, tamén, ao prestixio acadado no panorama galego, estatal e internacional. Estamos a falar da distinción de Galicia Calidade, que enxalza os clubs náuticos da nosa terra que foron quen de superar os rigorosos criterios establecidos pola devandita marca da Consellería de Economía.

Na entrega da placa acreditativa do selo participaron alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, o director técnico de Galicia Calidade, Javier de Miguel, e o presidente do Náutico de Boiro, Manuel Fajardo.

Por certo que o Náutico de Cabo de Cruz foi a primeira de entre as entidades deportivas dos nosos portos (un total de 14 clubs, entre os que se contan o de Portonovo, Vigo, Portosín, Sada, Ribadeo, Sanxenxo, A Coruña e Ribeira, entre outros) á que lle foi entregada oficialmente a dita distinción.

Segundo se explicou na colocación da placa, a marca Galicia Calidade avala a excelencia das instalacións náutico-deportivas de Galicia, que lidera o número de náuticos con Q de Calidade Turística de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.