Esta semana inaugurouse no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a exposición Novas Olladas dos obradoiros de artes plásticas de maiores impartidos ao longo do ano en Santa Uxía e nas parroquias, impartidos por Fernando Yáñez.

Foi un programa coordinado por María José Carreira, dependente da concellería de Servizos Sociais de Vicente Mariño de Bricio, encargado de levantar o pano da exposición acompañado de Fernando Yáñez e Unai González, que tamén interviron no acto, o último como xestor cultural do Concello de Ribeira e responsábel de exposicións.
A mostra estará ata o 29 de xuño no Lustres Rivas, e pódese visitar de xeito gratuíto de luns a sábado, no marco do Xuño da Cultura e as Artes 2024.
Son medio cento de obras variadas, versións de obras importantes de artistas galegos como Maruja Mallo, Laxeiro, Seoane, Picasso, etc.
A exhibición está presidida por unha obra de gran formato, colectiva, que reproduce a xenialidade de Maruja Mallo, Arquitectura humana, de 1937.
O acto foi aberto por Unai González, xestor cultural municipal, a continuación falou Fernando Yáñez e pechou Vicente Mariño de Bricio.
Acudiron sobre 60 persoas entre as que estaban Francisca Vidal, coordinadora de Servizos Sociais e María José Carreira, coordinadora do programa de dinamización dos maiores do municipio, así como moitas das persoas participantes no obradoiro.




