Aberto un novo proceso de licitación dos postos baleiros do Mercado de Rianxo

06 Xuño 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou da apertura dun novo prazo de licitación para a concesión dun dos sete postos vacantes no Mercado Municipal, así como de unha bancada.

A partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia as persoas interesadas poderán presentar as súas candidaturas. Segundo confirmou o rexedor, “o procedemento é sinxelo e as condicións son moi vantaxosas”. Tamén lembrou o Concello mantén aberta a comunicación coa cidadanía interesada para resolver calquera cuestión que poida xurdir sobre os trámites ou as condicións.

O obxectivo é dinamizar este espazo comercial e garantir que se lle tire o máximo proveito entre o tecido produtivo do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...