En Corrubedo xornada de convivencia da Conselleira de Medio Ambiente con persoal dos parques naturais galegos con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

05 Xuño 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o esforzo do persoal da Xunta de Galicia
para “protexer, preservar e impulsar” a riqueza ambiental dos espazos naturais protexidos da Comunidade.


Durante a súa visita ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, onde participou nunha xornada de convivencia con persoal dos parques naturais galegos, a conselleira salientou que o traballo e dedicación dos axentes, vixiantes e profesionais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático “no coidado do noso patrimonio natural” e subliñou a importancia de celebrar encontros deste tipo nos que “intercambiar experiencias e coñecementos”.
Nese senso, Ángeles Vázquez incidiu no papel fundamental que ten a biodiversidade á hora de mellorar a resiliencia da Comunidade ante o cambio climático. De feito, este ano, o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe, 5 de xuño, céntrase na restauración das terras e na resiliencia fronte á seca e á desertificación baixo o lema As nosas terras. O noso futuro. Somos a Xeración Restauración. Nesa liña, a representante autonómica lembrou o traballo que vén realizando o Goberno
galego de cara a garantir a conservación da nosa biodiversidade e facer compatible esa preservación cun uso público sostible.
Territorio protexido
Cómpre lembrar que o 42% do territorio galego está amparado por algunha figura de protección e tanto o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como os seis parques naturais máis cos que conta a Comunidade -Fragas do Eume, O Invernadeiro, Baixa Limia-Serra do Xurés, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán- contan cun plan de uso e xestión propio adaptado ás súas características e necesidades. Estes sete espazos
protexidos, repartidos por 19 concellos, acadan unha superficie total de preto de 58.000 hectáreas nas que hai máis de 400 quilómetros de rutas que se poden percorrer a pé ou en bicicleta.
A maiores, Galicia conta con sete reservas da biosfera, oito monumentos naturais, seis humidais protexidos, dúas paisaxes protexidas, 59 zonas de especial protección (ZEC), 16 zonas de especial protección para as aves (ZEPA), 12 espazos naturais de interese local (ENIL), dous espazos privados de interese natural (EPIN) e dous xeoparques mundiais.
Ademais, a conselleira subliñou que o 12% da superficie galega -355.000 hectáreas- está incluída na Rede Natura 2000, o que sitúa á Comunidade na media das rexións atlánticas, que está entre o 10% e o 15%.
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Máis polo miúdo, logo de salientar que o número de visitantes ao Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán se incrementou nun 13,5% en 2023 con respecto ao ano anterior, Ángeles Vázquez puxo o traballo levado a cabo neste espazo protexido como exemplo de proxectos que están obtendo bos resultados no obxectivo de conservar a riqueza ambiental destas contornas.
Salientou, entre outras actuacións, a reintrodución da Iberdores Litoralis, unha especie incluída no Catálogo galego de especies ameazadas que, grazas á colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, volver estar presente neste espazo natural e, de feito, esta planta xa vexeta de forma natural a través de sementes que medraron no propio hábitat e non a partir das reintroducidas.
E, ademais de continuar coas actuacións de control e erradicación de especies arbóreas que alteraban o hábitat propio do sistema dunar, desde o ano 2021 trabállase no cartografado da duna gris de Corrubedo para coñecer a súa evolución real co paso do
tempo. A través deste proxecto, que inclúe o uso de drons, logrouse deseñar un xemelgo dixital deste espazo que axudará a coñecer futuras evolucións do conxunto grazas aos levantamentos topográficos que se vaian realizando.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.