Pesar no Son pola morte do concelleiro, José Manuel Déan Pouso. O concello decretará tres días de loito oficial

05 Xuño 2024

O Concello de Porto do Son declarará tres días de loito oficial pola morte do concelleiro popular, José Manuel Deán, na mañá deste mércores.

O Consistorio trasladou o seu pesar polo falecemento do concelleiro popular José Manuel Deán Pouso e enviou o pésame á familia e amigos.

“Absolutamente abatidos/as tras a fatal noticia do falecemento do noso compañeiro, José Manuel Deán Pouso; un home loitador, forte e valente que, como concelleiro e veciño sempre tratou de conseguir o mellor para Porto do Son”, manifestou o Consistorio en mensaxe publicada nas súas redes sociais.

Así mesmo, trasladou o seu afecto, forza e agarimo á familia, amizades e compañeiros do Partido Popular.

O alcalde, Luis Oujo, explicou que ás 10,00 horas do xoves celebrarase un pleno ordinario para declarar tres días de loito por este concelleiro que levaba desde 2011 no goberno municipal.

O funeral polo concelleiro celebraras este xoves ás catro e media da tarde saindo os seus restos mofrtaius desde o Tanatorio de Porto do Son á Igrexa Parroquial de San Sadurniño de Goiáns omde se celebrará o funeral. Posteriormente os seus restos recibirán sepultura no camposanto parroquial. Os restos mortais datopanse na sala 3 do Tanatorio de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.