Volve (este sábado 8) a Noite Aberta de Boiro con descontos, sorteos, agasallos e actividades para a rapazada

05 Xuño 2024

A patronal boirense (ABE) organiza este sábado 8 de xuño unha edición especial da súa Noite Aberta, cuxos ingredientes fundamentais serán os descontos, os sorteos, os agasallos e as actividades na rúa (a ruleta da sorte, os inchábeis e a animación infantil e familiar). Os comercios ofrecerán importantes descontos durante toda a xornada e realizarán actividades especiais como degustacións, sorteos de vales de compra, reparto de agasallos, premios directos con compras, actuacións de grupos musicais e DJ, etc… Até 32 negocios participarán nesta iniciativa e estarán sinalizados cunhas bandeiras rosas elaboradas para a ocasión.

Centos de premios na Ruleta da Sorte da ABE

Os clientes que realicen as súas compras durante a xornada do sábado terán a posibilidade de acadar premios directos coa ruleta da sorte da ABE. A ruleta estará situada na rúa Peonil dende as 18.30 e ata as 21.30 horas e cada tícket de compra superior a 10 € dará dereito a realizar unha tirada coa que os clientes poderán gañar agasallos directos para este verán como: botellas, balón de praia, frisbies, neceser, porta móbiles, bolsas…….

Parque de inchábeis na praza do Concello

Os negocios participantes entregarán aos clientes, coas súas compras, convites para que os cativos da casa poidan desfrutar dos 4 inchábeis que estarán situados na praza do Concello durante a tarde do sábado. Os convites tamén se poden conseguir na ruleta da sorte.

Animación de rúa e actividades nos comercios

O Concello de Boiro programará actividades de animación de rúa co seu evento Aloumiño, que se integra na axenda da Noite Aberta. Será na praza do Centro Social. Ademais nos comercios organízanse diferentes actividades especiais que se poden consultar, xunto cos descontos e o resto do programa tanto na web da ABE www.abe.gal coma nas redes sociais.

Na praza do Centro Social

11:30 Obradoiro de maquillaxe de Sisel Galicia

11:30 Obradoiro Verbas en galego de Sisel Galicia

12:00 Bichocas de Xarope Tulú (de 0 a 4 anos)

13:00 Elas de Vero Rilo (+3 anos)

17:00 Obradoiro de Arte con Letras de Sisel Galicia

17:00 Obradoiro de moldeado de Sisel Galicia

17:30 Moraima de Percubebés (0 a 6 anos)

18:30 Pepa A Loba de Cris Collazo (+3 anos)

Na rúa peonil (esquina Breiro)

20:00 Superheroe de Fran Rei

21:00 Son animal de Paco Nogueiras (Tódolos públicos)

A Noite Aberta de Boiro conta coa colaboración do Concello de Boiro e está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

As localizacións poden varias en función da climatoloxía.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...