Ibuprofeno leva este venres a Rianxo “Smoke on the water”

05 Xuño 2024

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 7 de xuño a representación do espectáculo para público adulto Smoke on the water, da compañía Ibuprofeno Teatro, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso e premiado co Premio de Teatro Varela Buxán 2013 e co Premio María Casares ao mellor actor protagonista e mellor espazo sonoro. Trátase, en palabras de Ibuprofeno, “dunha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor”. O espectáculo, de 90 minutos de duración, é de balde até completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). O comezo está programado para as 21.00 horas.

Sinopse

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposíbel de desenlear. Este status quo absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.