Ambar organiza unhas xornadas deemprego en Ribeira e Rianxo

05 Xuño 2024

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza este mes de xuño unha actividade para romper barreiras en materia de emprego e igualdade: as Xornadas de Emprego dirixidas a mulleres con diversidade funcional. Desenvolveranse nos concellos de Ribeira e Rianxo.

O obxectivo principal destas xornadas é mellorar as ferramentas necesarias para as mulleres participantes, facilitando a procura dun posto laboral activo e aproveitando a demanda de empregos estacionais.

As persoas que queiran participar nas xornadas só precisan confirmar asistencia enviando un correo cos seus datos (nome, apelidos e DNI) a empregoinclusivo@asociacionambar.org ou chamando ó 981 87 44 80.

Data, lugar e horario:

19 de xuño | Concello de Rianxo, Auditorio Municipal |10-12h

26 de xuño |Concello e Ribeira, Lustres Rivas |16-18h

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.