Turismo de Galicia achega axudas á Festa da Dorna, A Guadalupe, San Ramón de Bealo e ás Mortallas

04 Xuño 2024
A Romaría de San Ramón de Bealo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 4 de xuño a resolución da convocatoria das axudas para a promoción das festas de interese turístico de Galicia da que este ano son beneficiarias un total de 97 festividades das catro provincias. Como novidade, Turismo de Galicia incrementou este ano o orzamento global, ata os 500.000 euros, e tamén o apoio que recibe cada festa, pasando de 3.000 ata 4.000 euros.

A través desta convocatoria reciben a a axuda 28 festas de interese turístico de Galicia da provincia de A Coruña, 23 da provincia de Lugo, 19 festas da provincia de Ourense e 27 da provincia de Pontevedra.

Podían ser beneficiarios os concellos galegos nos que se celebrasen durante este ano 2024 festas de interese turístico de Galicia, que a día de hoxe superan as 140, e só se podía conceder unha axuda por concello.

Cada festividade beneficiaria recibe este ano 4.000€ por parte de Turismo de Galicia coa intención de potenciar estas festas co recoñecemento de interese turístico de Galicia e contribuír a parte dos investimentos directamente vinculados a elas. Así, sufráganse, entre outros, gastos vinculados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas… No caso de celebracións de festas gastronómicas son subvencionábeis os gastos de adquisición do produto obxecto da festa.

Inclúense as seguintes celebracións da nosa comarca: a Festa da Dorna (Ribeira), as Festas da Guadalupe de Rianxo, a Romaría de San Ramón de Bealo (Boiro) e a Festa de Xesús O Nazareno. Festa das Mortallas (Pobra do Caramiñal), todas elas apoiadas con 4.000 euros cada unha.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...