Altri, o presidente da Cámara Mineira e Abel Caballero, “premiados” co galardón Atila de Ecoloxistas en Acción

04 Xuño 2024

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para “aumentar a conciencia ambiental” e “fomentar a acción global na protección do medio ambiente”. Con motivo desta celebración, a organización Ecoloxistas en Acción premia aos que son como Atila: por onde pasan, non crece nin a herba.

O primeiro premio, Premio Atila 2023, é para Altri-Greenfiber (empresa promotora da macro factoría de celulosa na comarca da Ulloa, a carón do río Ulla) e o Goberno da Xunta por “impulsar este proxecto insostíbel dunha macrocelulosa”. Segundo di a organización, “o proxecto Gama carrexará unha gran contaminación para o río Ulla ao que verterá as augas residuais da fábrica, e ademais unha fábrica de celulosa destas dimensións terá un grave impacto socioeconómico para un territorio cunha puxante industria agroalimentaria tradicional e un crecente turismo rural polo atractivo do seu patrimonio cultural (Camiño de Santiago)”. 

E engaden: “A pesar da oposición ao proxecto da maioría da poboación, Altri obstínase en instalar a súa macrocelulosa en Palas de Rei”.

A mina de San Finx, en Lousame, nunha foto aérea

O segundo premio, Premio Cabalo de Atila, levouno o presidente da Cámara mineira oficial de Galicia polo seu continuo empeño en agochar as negatividades ambientais que a minaría causa e o seu acoso ás activistas ecoloxistas que defenden o territorio galego. Para Ecoloxistas en Acción, “o caso máis soado foi a denuncia xudicial que a Cámara mineira presentou contra activistas de Ecoloxistas en Acción por entregar nas súas dependencias unhas botellas con vertido da mina de San Finx e de Touro”, unha acción coa que as ecoloxistas poñían de relevo, unha vez máis o que denominan “as falsidades da Cámara mineira, que escasos días atrás aseguraba publicamente que o vertido da mina de San Finx en Lousame era inocuo cando as análises realizadas por Augas de Galicia refrictían unha concentración de cadmio 100 veces superior ao máximo legal permitido”.                      

Accésit especial ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, por “arboricidio”. Segundo din, “dende 2011 foron taladas un total de 13.543 arbores en Vigo, das cales 1.005 árbores eran especímenes históricos e de gran porte; son incontábeis as rúas que se viron despoxadas de cobertura arbórea, perdendo Vigo boa parte do seu perfil urbano”. E engaden: “Está atacando a un patrimonio natural que é tamén patrimonio histórico, non hai unha xestión integral do arboredo urbano de Vigo, non hai planificación e así imos sufrindo talas arbitrarias e indiscriminadas e podas salvaxes e a destempo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.