O martes o anticiclón retírase cara ao oeste, polo que se irá perdendo o réxime de ventos do nordés e entrarán ventos máis húmidos de compoñente oeste. Asi comezaremos a xornada cos ceos pouco nubrados ou despexados. A partir do mediodía entrarán as brétemas costeiras polo litoral atlántico e formaranse nubes de evolución no interior. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos e as máximas descenderán no litoral atlántico. O vento soprará frouxo do oeste en xeral; no litoral norte manterase o nordés ata o final do día, cando quedarán de dirección variable.

Vento do sur á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



