En Ribeira o candidato do PP ás europeas, Francisco Millán Mon, reúnese co sector pesqueiro

03 Xuño 2024

Francisco Millán Mon, candidato do Partido Popular ás eleccións europeas visitou a lonxa de Ribeira e reuniuse con representantes do sector pesqueiro. Durante o encontro, discutiuse a importancia dos fondos europeos para proxectos como o Museo do Mar, unha iniciativa promovida anteriormente polos populares, e abordáronse as políticas pesqueiras da Unión Europea.

Millán Mon subliñou a necesidade de aplicar o «sentidiño» fronte ao que denominou como unha «deriva medioambientalista radical» observada nos últimos anos. Propuxo unha lexislación que combine a sustentabilidade ambiental cos intereses do sector pesqueiro e o benestar dos profesionais do mar.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...