JEALSA lembra que máis do metade do peixe que procesa vén de pesqueiras sustentábeis

06 Febreiro 2020

A conserveira boirense JEALSA comezou o ano facendo balance dos fitos recentes pola empresa en materia de sustentabilidade e coidado do medio natural. Segundo fixo saber, no período comprendido entre outubro de 2018 e setembro de 2019, máis da metade do atún procesado pola conserveira (exactamente o 54%) foi capturado por barcos participantes en rigorosos proxectos de mellora das pesqueiras (proxectos FIP) nas que desenvolve o seu labor (47% FIP grao A e 7% FIP grao C). Estes e outros datos figuran na relación de compras de atún no devandito período achegada por JEALSA, seguindo coa súa política de transparencia e de compromiso coa economía racional e renovábel.

Neste balance tamén se dá a coñecer que o 5% de todo o atún elaborado pola conserveira con sede en Bodión conta coa certificación MSC, que é, nas súas palabras, o estándar de sustentabilidade máis recoñecido a nivel mundial.

O informe tamén inclúe unha relación dos provedores e as porcentaxes de actividade xerada polos mesmos en relación a JEALSA: o 26% dos subministradores foron empresas participantes na alianza ISSF (International Seafood Sustainability Foundation), o 12% Data Check Companies, (empresas que sen ser membros de pleno dereito de ISSF, cumpren con todos os requisitos de auditoría esixidos por esta organización) e o 24% procede directamente de frotas armadoras.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.