Medio Ambiente actualizará a información sobre as poboacións de sapoconcho no Parque Natural de Corrubedo

03 Xuño 2024

A Xunta de Galicia vén de sacar a licitación un contrato para actualizar a información relativa á distribución e abundancia en Galicia do sapoconcho común (Emys orbicularis), especie incluída no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de En perigo de extinción, no marco do plan de recuperación aprobado no ano 2013. O contrato comprende a revisión da localización e tamaño das poboacións desta especie. Botarase man de traballos científicos previos e das melloras metodolóxicas recentes, como o emprego de sistemas dixitais de identificación individual, o que permitirá avaliar a tendencia das poboacións.

Esta acción enmárcase nos programas de seguimento periódico e vixilancia do estado de conservación das especies e dos hábitats establecido na Directiva Hábitats, responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Os traballos desenvolveranse en distintas zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. Concretamente, nas bacías dos ríos ourensáns Arnoia (concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas) e Avia (Ribadavia, Beade, Leiro e Cenlle) así como nas Gándaras de Budiño, na bacía do río Louro, en Pontevedra (O Porriño, Tui e Salceda de Caselas). Na Coruña os estudos levaranse a cabo no Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e completaranse en áreas de Ourense nas que recentemente se detectou a presenza de sapoconcho común: os concellos de Allariz, Baños de Molgas, O Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Xunqueira de Ambía.

Esta actuación, cofinanciada nun 60% con fondos europeos do Programa Galicia FEDER 2021-2027, terá un prazo de execución de cinco meses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.