En Palmeira un veciño resulta ferido o saltar do seu tractor, costa abaixo e sen freos

02 Xuño 2024

Ocorreu esta tarde en Ribeira, na parroquia de Palmeira. no Lugar de Cudieiros.

Un veciño resultou golpeado ao saltar do seu tractor en marcha. Segundo explicaron os Bombeiros de Ribeira, o vehículo quedou sen freos cando descendía costa abaixo. 

Malia a caída, o señor foi evacuado consciente ao hospital de referencia, tras recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do feitos, no lugar de Cudieiros.

Pasaban das seis desta tarde cando unha persoa avisou a través do 112 Galicia. Isto permitiu activar un operativo de asistencia e rescate, que integraron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Ribeira, membros do Grupo Municipal de Emerxencias e axentes da Policía Local e Nacional.

De feito, os efectivos do parque comarcal de bombeiros axudaron a trasladar o ferido ata a ambulancia para, posteriormente, ser evacuado ao hospital co fin de continuar cos coidados necesarios.

Bombeiros Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.