A Igrexa diocesana celebrará este domingo a solemnidade do Corpus Christi

01 Xuño 2024


O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidirá este próximo domingo, as celebracións do Corpus Christi en Santiago e A Coruña. As celebracións desta solemnidade darán comezo na véspera do Corpus cunha Hora Santa, que terá lugar na Catedral compostelá, a partir das 20:30hs do sábado día 1.

O domingo, na Coruña, a Eucaristía celebrarase ás 11:30 na Igrexa de San Jorge e tamén estará presidida polo arcebispo. A continuación, desenvolveríase a tradicional procesión co Santísimo ata a Colexiata e posterior bendición

Xa pola tarde e en Santiago, D. Francisco presidirá a Eucaristía na Catedral compostelá, que comezará ás 19:30hs e a cuxo termo se realizará a tradicional procesión de Corpus Christi polas rúas e prazas da zona vella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.