Máis de 150 persoas participaron nunha charla sobre saúde mental celebrada en Outes

31 Maio 2024

As XVIII Xornadas de Información Sociosanitara de Outes achegaron este xoves 30 unha nova conferencia: a xornada Saúde mental: Saber pedir axuda, foi impartida por Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga no Complexo Universitario de Conxo (Santiago, Hospital Provincial). A sesión desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas. Así mesmo tamén estivo presente o alcalde do Concello de Outes, Manuel González López, e o presidente de Terra de Outes, Xesús Mato Vilas, que fixeron os discursos de clausura das xornadas

A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, a relatora foi agasallada cunha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

Curso 2023-2024

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes comezou o pasado mes de outubro e achega unha sesión divulgativa o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz. Houbo charlas sobre economía e saúde, o gas radon e como minimizar a súa presenza nos nosos fogares, a soidade na idade adulta (estratexias preventivas para mellorar a calidade de vida) e saúde mental.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.