Arousa Norte lanza na Rede unha axenda cultural do Barbanza centralizada, común e aberta

05 Febreiro 2020

A Mancomunidade de Concellos de Arousa Norte presentou hoxe unha innovadora iniciativa de comunicación para facer que a información cultural, lúdica e turística dos termos municipais que integran a entidade (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) estea o máis preto posíbel de residentes e visitantes. Estamos a falar da web axendabarbanza.gal, unha páxina onde consultar información actualizada da comarca e construída, segundo se fixo saber este mércores ante os medios, “sobre a coordinación de esforzos e a optimización dos recursos dos catro concellos da Mancomunidade”.

Na presentación lembrouse que Arousa Norte, a vertente sur da comarca do Barbanza, é un territorio “moi vivo e dinámico, social e culturalmente”, polo que cumpría a posta en marcha dunha canle única que xuntase a información xerada cada semana por concellos, asociacións e entidades privadas de toda índole, co fin de dar forma a un espazo informativo centralizador.

Na axenda, xa dispoñíbel, os internautas poden atopar distintas propostas culturais en función do concello no que se realice, así como a tipoloxía de categoría na que se atopa: cinema, evento deportivo, exposición, presentación, ruta turística, visita guiada, concerto, representación teatral…

En palabras dos alcaldes dos concellos de Arousa Norte, “trátase dunha iniciativa aberta e común, creada de xeito participativo e horizontal e na que dar forma, conxuntamente, a unha oferta de lecer para a poboación comarcal e os visitantes potenciais”.

A presentación da axenda cultural do Barbanza contou coa presenza de Domingo Arias e Alberto Pouso, en representación da empresa Triwus, encargada do desenvolvemento da web, Irene Maneiro, coordinadora técnica de Arousa Norte, os catro alcaldes dos concellos de Arousa Norte (Manuel Ruíz, de Ribeira, Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra, Xosé Ramón Mariño de Boiro, e Adolfo Muíños, de Rianxo), así como representantes de empresas turísticas que traballan na comarca. A páxina web foi desenvolvida cunha subvención da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.