A Rede Cultural 2024 da Deputación programa preto de 1.200 espectáculos nos concellos da provincia

30 Maio 2024

A Rede Cultural da Deputación da Coruña 2024 programará durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 un total de 1.182 espectáculos, que chegarán a 91 concellos do territorio. A institución provincial realizará neste exercicio un investimento no circuíto de 1.513.435,20 euros. A axenda de citas culturais co-financiadas cos Concellos inclúe montaxes escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia. Por programas, os 1182 espectáculos distribúense do seguinte xeito:

Escena ao vivo, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos: 846 espectáculos (455 de teatro, 284 concertos, 77 de maxia e 30 de danza).

Visións, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 70 filmes.

Lingua a escena, programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega:  134 actuacións.

Alicerce, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 132.

A Deputación asume o 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5000 habitantes, o 60% nos que teñen entre 5000 e 10.000, o 50% nos de entre 10.000 e 20.000, o 40% nos de entre 20.000 e  50.000 e finalmente un 30% nos que superan os 50.000.

No relativo á programación, a Rede Cultural 2024 inclúe concertos de Silvia Penide, Sés, Fillas de Cassandra, Guadi Galego, Treixadura, Dakidarría ou Músculo.

As principais propostas da escena galega forman parte tamén do catálogo desta edición con espectáculos de obras teatrais e monólogos de David Perdomo, Tarabela Creativa, Xosé Touriñán, Teatro Calavera ou Migallas Teatro.

Ampla é tamén a oferta para as crianzas, nunha aposta por achegar a nenos e nenas aos espectáculos ao vivo contribuíndo á creación de novos públicos cunha oferta na que se inclúen Caramuxo Teatro, Peter Punk, Mago Rafa, Pakolas, ou Mago Romarís.

Ademais, a Rede Cultural inclúe a exhibición de filmes como Matria, As Bestas, O Corno ou Cuñados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...