Ribeira acolleu a Mesa de Calidade de Barbanza Arousa

29 Maio 2024

50 empresas e servizos turísticos de Barbanza Arousa pasan a avaliación do sistema de calidade turística SICTED

50 empresas e servizos turísticos de 20 oficios diferentes superan a avaliación do ano 2024 do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, sumando 16 aos máis de 30 pioneiros que obtiveron o distintivo no pasado ano. Súmanse, ademais, novos oficios
como son seguridade cidadá, escola de españois para estranxeiros, camping, comercio e experiencias e talleres turísticos. Estes pasan a complementar aos que xa estaban como son aloxamentos rurais, bares e cafeterías, adegas, espacios escénicos
permanentes, guías de turismo, hoteis e apartamentos turísticos, museos e centros de interese turístico visitable, oficinas de información turística, praias, portos deportivos, restaurantes, taxis, transporte turístico, turismo activo e vivendas de uso turístico.

Co obxecto de implantar este distintivo, levouse a cabo a Mesa de Calidade, con representación dos 4 concellos, asociacións empresariais e persoal da Mancomunidade.

Na reunión da Mesa de Calidade, que tivo lugar no Auditorio de Ribeira, examináronse os resultados da implantación deste sistema que certifica a excelencia, con 50 empresas que superaron satisfactoriamente as avaliacións. Ademais destas avaliacións, as entidades cumpriron outros requisitos relacionados coa óptima xestión empresarial e dos servizos así coma a recepción de dúas Asistencias Técnicas Individuais, a participación en sesións formativas e asistencias técnicas colectivas.

GRUPO DE MELLORA NO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL
No marco deste proxecto realizouse tamén un Grupo de Mellora no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, servizo distinguido.

As empresas foron recibidas polo presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribeira, Luis Perez Barral; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro.
Luis Pérez Barral, presidente, destacou a grande implicación das empresas e servizos do destino e tamén a colaboración público-privada para lograr situar o noso destino na excelencia nacional, como principal obxectivo da Mancomumidade.
A continuación, Fátima Cachafeiro explicou os proxectos da Mancomunidade; sumando así a implicación e cooperación entre as administracións e as empresas privadas.
Traballouse tamén nas ferramentas de dixitalización actuais de xestión comercialización empresarial.
Nesta xornada realizouse tamén un famtrip interno no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, organizado polo seu director, o historiador Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Estas viaxes de familiarización para as propias empresas e servizos dentro
do destino turístico responden ao obxectivo da Mancomunidade de que as propias empresas e servizos sexan prescriptores de Barbanza Arousa. Responde tamén ao fortalecemento de alianzas entre o propio sector.

SICTED
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se
atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.
O obxectivo último é mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a
cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de
calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.