A parroquia do Araño, en Rianxo, vai celebrar o vindeiro 2 de xuño (domingo) a Romaría do Bandullo Cheo, unha celebración da gastronomía baseada na carne que dará comezo ás 12.00 horas e que incluirá un gran xantar (ás 15.00 horas) no Campo da Carballeira (para o que cómpre facer unha reserva previa antes do remate deste mércores 29 de maio: último día para facelo).
O gran xantar en cuestión inclúe tenreira, porco, polo, secreto e chourizo.
Organizada polas Festas do Araño en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña.
Os tíckets da reserva pódense mercar nos seguintes establecementos: Bar Casilla, Bar Nova Era, Ultramarinos Casa Soto, Peluquería Manolita, Parrillada Barbanza e Bar O Costillar (Rianxo). Máis información no 680 473 283.




