O xurelo e o lirio de Ribeira viaxan a SALIMAT da man da OPP83

28 Maio 2024

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira (OPP83) viaxará a Silleda para participar no 27o Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT Abanca 2024. A OPP83 realizará unha degustación para os asistentes na que dará conta das excelencias do xurelo e o Lirio de Ribeira. O evento levarase a cabo nas instalacións habilitadas para a Consellería do Mar, no marco da campaña Galicia Sabe aMar (Pavillón 1, caseta C2).

A organización detallará aos presentes os beneficios do consumo de peixe dos barcos integrados na Cooperativa e realizará unha cata de xurelo e lirio para demostrar a versatilidade destes alimentos á hora de incorporalos a unha dieta rica e saudábel. A elaboración dos pratos irá a cargo da chef Emma Pinal, de Gastrobar O Birrán, e contará coa maridaxe dos viños D.O. Ribeira Sacra.

O lirio de Ribeira é unha marca colectiva da OPP83 recoñecida pola Oficina Española de Patentes e Marcas. O seu valor radica principalmente no seu grao máximo de calidade e frescura, xa que se trata dun peixe capturado no día mediante artes de arrastre tradicionais e selectivas, desenvolvendo prácticas de pesca sostíbeis e respectuosas co medio mariño.

A acción promocional forma parte do Plan de Produción e Comercialización 2024 (PPyC), co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e da Xunta de Galicia.

Cando: venres 31 de maio

Horario: de 13.15 a 14.15h. Durante ese horario farase unha degustación de xurelo e lirio de Ribeira e repartiranse folletos informativos sobre a OPP83 e o peixe capturado pola frota asociada

Lugar: Pavillón 1, stand C2 (na Aula de Catas da Consellería do Mar no marco da campaña Galicia Sabe aMar).

Asistirá María José Casais Boo, xerente da OPP83 (Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira).


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...