Boiro recibe unha subvención da Deputación para o financiamento do Servizo de Normalización Lingüística

28 Maio 2024

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 18.000 euros para o mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2024. A axuda concedida vaise destinar a co-financiar os gastos do persoal técnico do servizo de promoción do galego municipal.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Boiro foi creado no ano 1993 tratando de fomentar o uso da nosa lingua en todos os eidos municipais, non só no plano administrativo senón no conxunto da sociedade. “O servizo desempeña unha función normalizadora e dinamizadora da lingua para impulsar o galego na vida pública e sociocultural da vila”, en palabras do Concello, que engade que o persoal do departamento traballa tanto a nivel interno como externo (realizando asesoramento aos compañeiros e compañeiras dos distintos departamentos co obxectivo de asegurar o uso do galego na administración e, a nivel externo, organizando ao longo do ano diversas actividades para promover o seu uso no ámbito educativo, empresarial, asociativo…).

Entre as actividades que se desenvolven ao longo do ano dende o Concello de Boiro para fomentar o uso do galego están todas as actividades relacionadas coas Letras Galegas, o Día de Rosalía, exposicións e concertos, o I Certame de Regueifas cos centros de ensino do municipio, a mostra de teatro escolar ou o programa de cinema familiar.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.