A tradicional procesión das Fillas de María recorre Ribeira este domingo

25 Maio 2024

Cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX a Parroquia de Santa Uxía de Ribeira celebra este derradeiro domingo de maio a tradicional procesión da Carroza, en honor á Virxe María. Neste desfile de nenas e nenos, ataviadas como anxiños, réndese homenaxe a María nunha cerimonia moi activa, coa melodía do “triunfi gloria”.

As rúas máis céntricas de Ribeira acollerá as 13 horas deste domingo unha edición máis da centenaria procesión da Fillas de María. Trátase dun dos actos sociais máis esperados polas nenas que cumpren os catro anos, ás que as súas nais xa apuntan ao pouco de nacer para formar parte desa congregación. Tamén é moi agardada polos seus familiares que deciden acompañalas da man ou a escasos metros para velas desfilar sobre o pavimento ou sentadas na carroza sobre a que vai colocada a imaxe da Virxe e que é arrastrada por varios mozos.

Si o tempo o permite a procesión percorrerá as rúas da capital a partir das 13 horas deste domingo. Previamente as 12 celebrarase a misa solemne.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...