O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a reforma do Mercado Municipal

24 Maio 2024


O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto de Reforma do Mercado Municipal. As actuacións, dun importe de 145.657,89 euros, teñen como finalidade unificar a imaxe do inmóbel, mellorando a sinaléctica dos comercios e a iluminación do espazo.

As actuacións previstas son o cambio de luminarias, o pintado do falso teito segundo a tipoloxía do local, a colocación de biombos (mamparas) e elementos decorativos.

As obras “implican unha homoxeneización dos rótulos dos diferentes postos, un requisito xa disposto no regulamento do propio Mercado Municipal”, sinalou o Concello, engadindo que as actuacións vanse levar a cabo mediante unha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio financiada con fondos Next Generation EU para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro dun importe de 237.641 euros.

Ademais da reforma do Mercado Municipal, con esta subvención o Concello de Boiro levou a cabo outras accións para a promoción do comercio local como son atopan a implantación de sistemas de recollida e reciclaxe de envases, a instalación de puntos Wi-Fi de acceso á Rede e de recarga de vehículos eléctricos, posta en marcha de bonos para o comercio, formación en mercadotecnia dixital e posicionamento SEO para os negocios e outras actividades para a promoción do comercio.

As actuacións atópanse en fase de licitación e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 4 de xuño.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.