O alumnado de Tahume IX acondiciona o Campo da Fieiteira e o Parque Periurbano de San Roque (Ribeira)

24 Maio 2024

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume IX estivo a traballar no mantemento do céspede do Campo da Fieiteira, en Ribeira. Ademais, esta mesma semana as e os participantes no obradoiro impulsado polos Concellos de Ribeira e Porto do Son tamén levaron a cabo rozas e traballos de acondicionamento no Parque de San Roque, en Ribeira, aplicando, coma no caso do Campo da Fieteira, os coñecementos adquiridos no transcurso da formación e mellorando así as súas habilidades.

O Obradoiro de Emprego Tahume (edición IX) vén da man dos Concellos de Porto de Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación dos ditos municipios que se atopa en situación de desemprego.

A maiores, no territorio de Porto do son as e os estudantes do módulo de viveiros e xardíns acondicionou as zonas verdes da EEI de Caamaño e da EEI de Carballosa. As tarefas a desenvolver incluíron a plantación de moreiras. Por outra banda, as e os participantes na modalidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizaron melloras nos camiños na parroquia de Baroña e o alumnado da modalidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería puxo a punto as zonas verdes do Centro de Día de Porto do Son.

As especialidades impartidas nesta convocatoria de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Os días pasados ambos Concellos (Porto do Son e Ribeira) confirmaron que van seguir xuntando forzas para dar continuidade ao Obradoiro de Emprego cunha nova edición do mesmo, Tahume X.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.